Os días 6 e 7 de xuño terá lugar en Madrid, un Encontro de Afiliados, Militantes e Seccións Sindicais que traballan no sector da Intervención Social (ONG´s, Fundacións, empresas privadas concesionarias, Servizos Públicos do ámbito ou aquelas cuxo fin sexa a prestación de servizos sociais que debería asumir a administración ben central, ben autonómica e que se realizan a través de empresas concesionarias ou interpostas).
Tedes mais información nos locais sindicais de Simón Bolivar, 89, baixo e mais en "Rojo y Negro Digital" .
15 mayo 2008
27 abril 2008
FOLGA E MANIFESTACIÓN CONTRA O NOVO DECRETO DO BACHARELATO
Ante a convocatoria de FOLGA e Manifestación en Compostela, o vindeiro martes, 29 de abril, ás 11:30, con saída da Praza do Toural, dende a Sección de Ensino e Intervención Social de CGT da Coruña facemos a tódolos afiliados e afiliadas, e a tódolos traballadores e traballadoras do ensino un chamamento a participar activamente, como veñen facendo, en tódalas iniciativas mobilizadoras que se plantexen, na loita aprol dun ensino público e de calidade, e pola total desaparición da relixión na escola.
25 abril 2008
PUBLICADO NO BOE AS TABOAS SALARIAIS PARA 2008 DE ENSINO CONCERTADO
PERMISOS E LICENZAS DO PERSOAL DOCENTE
17 abril 2008
16 abril 2008
Publicadas no DOG as convocatorias para Primaria e Secundaria
Hoxe, no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 73 aparecen publicadas as Ordes de Convocatoria:
- Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia.
15 abril 2008
Campaña da CGT de Obxección Fiscal ao gasto militar 2008
Con esta Campaña de Obxección Fiscal 2008, e como cada ano, a CGT se une ás numerosas e diversas voces e colectivos que consideramos o gasto militar, tanto o recoñecido como o camuflado, como unha grande lacra para o avance social, e a propia existencia dos corpos armados como unha enfermidade mundial que hai que eliminar necesariamente para o desenvolvemento dunha sociedade libre e sana.
Proxecto NOVIOLENCIA en América Latina: materiais didácticos
Un ano mais vaise celebrar o festival de apoio ao proyecto "NOVIOLENCIA" en América Latina. Terá lugar o sábado 26 de Abril, de 18 a 21 horas, no centro cultural Mariano Muñoz (Cristo da Victoria, s/n) de Madrid.
Entre os materiais didácticos que se vos ofrecen están:
Entre os materiais didácticos que se vos ofrecen están:
- Libro: Educar para la noviolencia.
- Libro: Educar para la solidaridad entre los pueblos
- Juegos cooperativos con paracaídas
- Cuento pacifista: La Avestruz troglodita.
- Libro: Educación medioambiental
14 abril 2008
ORDES DE CONVOCATORIA NO PORTAL DA CONSELLERÍA
Podedes consultar as Ordes de Convocatoria de Primaria e Secundaria, pendentes da súa publicación no DOG, no portal web da consellería.
07 abril 2008
Borradores de ordes de convocatoria de Oposicións
Mañá, na reunión da Mesa Sectorial, serán debatidos os borradores das ordes que convocarán as probas de acceso á función docente.
Publicada a revisión salarial e as taboas salariais para o 2007 de Educación Especial
No BOE nº84 de 7 de abril de 2008, aparece publicada a RESOLUCIÓN de 24 de marzo de 2008, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica a revisión salarial e as taboaas salariaiss definitivas para o año 2007 do XII Convenio colectivo xeral de centros e servicios de atención a persoas con discapacidade.
05 abril 2008
O anteproxecto de Bacharelato, unha proposta inaceptable
Como xa sabedes, a Consellería ten presentado un anteproxecto de Decreto para a ordenación e o curriculo do Bacharelato. Esta nova ordenación será aplicada xa no curso vindeiro, dende o 1 de setembro de 2008.
As modificacións das cargas horarias por asignaturas é a seguinte:
No primeiro curso, se propón 3 horas semanais para a nova asignatura de "Ciencias para o mundo contemporaneo" o que conlevaría a perda de 1 hora semanal para as asignaturas de Educación Física, Filosofía e Educación para a Cidadanía, e Relixión. Non seremos nos quen rexeite a reducción horaria da asignatura de relixión, antes ao contrario xa que esta debería desaparecer totalmente do horario. A perda de horas lectivas en Educación Física e Filosofía son totalmente inaceptables tanto dende o punto de vista laboral como pedagóxico, pois empobrece claramente o xa escaso bagaxe en pensamento crítico, tanto mais se ista reducción se produce en paralelo ao mantemento de 2 horas semanais de relixión, que coa sua desaparición permitiría manter a actual carga horaria tanto de Educación Física como de Filosofía.
No segundo curso, a asignatura de Historia de España perdería unha hora semanal que pasaría a gañar Relixión que ata o de agora non tiña horario en segundo curso de bacharelato.
Un anteproxecto totalmente inaceptable que asume o proselitismo relixioso nas aulas e se plega a intereses alleos á comunidade educativa, deixando en mínimos legais as horas de materias tan importantes como filosofía.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)